Edita: Espiral Maior
Colección: ESPIRAL MAIOR POESÍA
Este libro leva o número 217
“Vede aquí, caros lectores de poesía, un libro que nace como o movemento ascendente da seiva –acción máxica que toca a vibración da vida e do tempo: do ser- e a beleza instantánea da flor que trae a luz”, comenta Miguel Anxo Fernán Vello do libro ELEVAR AS PÁLPEBRAS, que xunto con DELICIA e VIVIMOS NO CICLO DAS EROFANÍAS, integra o volume EROFANÍA, TRILOXÍA POÉTICA (1995-1998), en edición actualizada dos tres primeiros libros da autora.
De ELEVAR AS PÁLPEBRAS
“Non renuncio
a esa tempestuosa plenitude,
alborotando mármores en cancións fortuitas,
atormentando piruletas grandes,
nunha hora conmovida de sentina xigantesca”
De DELICIA
“Abastéceme, régame,
faime un dibuxo pequeno nas inguas que diga que che gusta.
Ábreme na carne un espazo de atropelos”
De VIVIMOS NO CICLO DAS EROFANÍAS
“Espérame así,
desplumando as asas da noite,
para dar un trago a esta febre que non cala”
|