1.- Ás de bolboreta
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009
Edita: Xerais
225 páxinas.
Pola cafetaría de Patricia (“pelo roxo crecho, cadeiras anchas, brazos grosos, mans pequenas e nocellos torpes”) transitan –ou teñen unha relación directa- os personaxes da novela: Lola e Eusebio (“O home da señora Dolores, aínda non era señora Lola, ficaba inválido nunha cadeira de rodas…” “E a avaricia que unha firma de contrato como cláusula obligatoria para entrar no sector servizos…”), o avó e o Manuel (“- Avó, e ti onde dormes? –Onde todos os avós – No cemiterio?”), o Iqbal, un mozo de pais paquistanís (“O mozo, de epiderme de mel e melancolía de Monzón”), o Adolfo, o Paco, Ana de Bos Aires, Mercedes…
2.- Sol de Inverno
Premio Xerais de Novela 2009
Edita: Xerais
512 páxinas.
Desta novela di Ramón Nicolas: “Rosa Aneiros, subscribe con este Sol de Inverno unha novela de amplo alento, espléndidamente elaborada e que se defende por si mesma”.
A protagonista, Inverno (“Nena de pel branquísima e fazulas coloreadas polo sol alto do verán”) habita diversos escenarios: Antes, Francia, Cuba, Barcelona…
“Ti tamén, Inverno, sentías calafríos e claustrofobia no lombo, a pesar daquela luz do Caribe (…) En cambio, alí no océano aberto como en Barcelona ou en Les Mages, a agorafobia e a aridez na boca evidenciaban a necesidade mesmo física de chuvia…”
|