24-27 setembro
De entrada un PERO á organización: anuncian que os escritores participantes nos actos ao final destes asinan os seus libros e non sempre o fan, con olímpico desprezo aos electores.
Presencieie como unha das “algo importantes” do Festival lle dicía a un señor que levaba 2 novelas de Alvaro Pombo (un dos que non asinaron):
-¿Pero vostede merca a novela pola súa calidade ou pola sinatura...?
O señor: Pero señora, non ve que son dous exemplares da mesma novela. Por moi boa que sexa e por moito que me guste (por certo, Alvaro Pombo non é santo da miña devoción), por moito interese que teña por el chegaríame con unha ¿non si? Sabe unha cousa, non consigo a sinatura e para colmo pensaba agasallarlos a dúas amigas que si son “fans” de Alvaro e que non puideron vir...
Por alí pasaron:
CLAUDIO MAGRIS, autor da celebrada Danubio: “Esqueceuse, como dicían os moralistas franceses, que a hipocrisía é a homenaxe que o vicio rende á virtude”.
“En Italia hai perigo de que Silvio Berlusconi controle a prensa”
MARTÍN AMIS: “Eu estou en contra do islam porque o islam é unha guerra contra a muller”
MIRIAM GÓMEZ, viúva de Cabrera Infante: “Guillermo era bipolar, por eso ha dejado tantos libros”
ANA MARÍA MATUTE (84 anos): “No echo de menos el pasado, echo de menos el tiempo futuro”.
LUÍS GOYTISOLO: “Nunca he sabido lo que escribían mis hermanos ni ellos lo que hacía yo”`
Tamén estiveron no Hay: Angeles Caso, Juan Cruz, Gabriela Adamesteanu, Isabel Fonseca, Rosa María Calaf, Monica Ali, David Trueba, Isabel Coixet, Leonardo Padura, Anthony Beevor, Luís Mateo Díaz e moitos máis.
Pasou por alí (pouco dixo) o galego SUSO DE TORO ao que non puiden saudar xa que no coloquio unha rapaza loubou a súa obra e en canto acabou o acto o bo do Suso tirouse, literalmente, do escenario e correu cara a moza e xa non tiña nin ollos nin orellas para ninguén máis.
En fin.
E tamén tivemos a oportunidade, a Amalia e máis eu, de departir e compartir mesa no Duque (judiones de La Granja e cordeiro ao forno) coa nosa común amiga canaria Inmaculada Huguet quen nos falou da súa maravillosa experiencia no Hay de Cartagena de Indias e das súas viaxes a París, sen deixar de contarnos as nosas vidas desde que non nos viramos.
|