A última novela de Orhan Pamuk, que eu lin en Portonovo durante uns días de lecer.
Publicada por Galaxia na colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, antes incluso ca en castelán e ca en inglés.
De fondo: Istambul.
DE CÓMO POR AMOR A UNHA MULLER SE PERDE A CABEZA E DE CÓMO POR PREXUÍZOS SOCIAIS SE PERDE A ESA MULLER.
O museo da inocencia, como xa dixen, unha das novelas que “traguei” nos 15 días de vacacións que pasei coa familia en Portonovo-Pontevedra.
Aproveitei a visita de JA, o catedrático, e da súa compañeira, para nos catro días que nos acompañaron, ir a algún dos estrelas Michelín da bisbarra: Casa Solla e Pepe Vieira. Os xantares foron exquisitos, como non podía ser doutra maneira.
E falando da visita do JA, unha noite, logo de cear no Buraco unha centola da ría, unhas zamburiñas, navallas e pementos de Padrón, todo regado cun albariño de nome comercial o da nosa grande poetisa Rosalía, deunos por mercar uns xeados e montámola gorda.
Diante noso estaba unha parella sesentona, moi entrados en carnes.
Eu: coidadiño con eses xeados que están mercando pois seica están elaborados con materiais radioactivos e son moi malos para ter fillos.
A señora ponme cara de can.
O señor: perda coidado, amigo, que eu non os vou a comer porque igual engordo e tampouco procede. Sabe, hai que coidar a figura que para facer fillos primeiro hai que ter con quen...
E todos a esmendrellarnos coa ocorrencia...
En fin, eu ía falar dunha novela que mastiguei...
“Foi o instante máis feliz da miña vida e non o souben entón. Pudieron ser diferentes as cousas, púidome perdurar a felicidade, se o sei no seu momento”.
E así durante case 700 páxinas.
Tradutores ao galego: Bartug Aykan e María Alonso Seisdedos
|