| Publicado o
martes, 17 de marzo de 2009
|
| HAY FESTIVAL CARTAGENA 2009 |
29 DE XANEIRO-1 DE FEBREIRO
Eu non fun. Once horas de avión supéranme.
Pero si foi unha amiga miña, Inma Huguet, e contoume... e mandoume un lindo agasallo: unha Antología de cuentos latinoamericanos asinada para min por nin máis nin menos que por Junot Díaz, autor da celebrada novela La maravillosa vida breve de öscar Wao.
Grazas, prezada amiga.
Conta ela:
"Para mi el Hay de Cartagena fue sobre todo el descubrimiento de autores que apenas conocía, como Junot Díaz (muy cercano, lleno de humor amargo, que a pesar de decir que era muy introvertido, se llevó de calle al público); Luís Sepúlveda, un cuentero magistral; Martín Caparrós, el contrapunto como bandera; Juan Villoro, el dulce y equillibrado amigo de todos... y la maestra de las maestras, Rosa Navarro Durán que fue a mi entender la mejor de las charlas del Hay Festival de Cartagena".
Segundo se recolle no programa que ela amablemente me fixo chegar (amén de diversos xornais e revistas), tamén estiveron: Juan Cruz, Alan Pauls, Eduardo Lago, Laura Restrepo, Martin Amis, Fernando Vallejo, Salman Rushdie e moitos máis...
¡Que marabilla de festival!
|
| J. Estévez L. |
|
|
| COMENTARIOS RECIBIDOS |
| Publicado o viernes, 27 de marzo de 2009 |
ola, acabo de descargar o libro, Una historia de amor con final feliz. Resulta gratificante saber que polo menos unha pluma consegue nuns inmaculados folios que unha historia de amor teña un final feliz. Teriamos que escrutar fonema a fomena o que signfica feliz, para non atopar ningún escollo que desbote a miña teoría, ollo non baseada na experiencia!!!!, de que feliz só se separa da palabra infeliz por dous fonemas.
Vouno ler coa mente libre e baleira de poirentos prexuízos, deixarei que flúan na miña cabeza as liñas e a súas mensaxes agochadas, que se asenten espidas e se esfarelen ata ser unha esencia que perdura.... |
| Comentario enviado por rosalia_ |
| |
|
|
 |
| Morte na muralla |
| Unha historia de amor con final feliz |
|
 |
| Talvez un machista |
| talvez si, talvez non |
|
 |
| Vivir |
| provisional poema, soluble carta de amor |
|
 |
| Atrozmente con amor |
| ou unha cita coa extinción |
|
 |
| Xoel |
| Persecución e caneo de estereotipos |
|
 |
| Amor virtual |
| Amor platónico |
|
 |
| Fóra da lei |
| Tarxeta de presentación |
|
 |
| Víctimas da ira |
| Verdugos de sí mesmos |
|
 |
| De ida e volta |
| Poemas de amor e destrucción |
|
|