Con noventa anos ás costas, continúa a súa voluntaria reclusión, perseguindo as intromisións na súa intimidade, inclusive o uso do seu nome por quen lle concede premios que el non busca. Renunciou á vida pública e "vive a súa vida".
Como escritor converteuse nun mito desde a mesma publicación da obra O gardián entre o centeo, unha ¿novela?, na miña opinión, dicotiledónea: dunha banda todo é hipócrita-insoportable-falso-repugnante e, da outra, todo é divertido-bo.
Hai quen o compara con Scott Fitzgerald ou con Melville...
Sorpréndeme o seu éxito masivo pois creo que non é nada doado de ler, a non ser polo "tono" acedo e supostamente "contra todo", que tanto vende para aquel que non quere facer a revolución sen cambiar nada...
Naturalmente, non debo rachar a vestimenta por esa circunstancia pois tamén Eco vendeu millóns de libros...Fariña doutra artesa sería quen e cantos os leron.
|