Morte na Muralla
Publicado o mércores, 17 de decembro de 2008
PHILIP ROTH: “NUESTRA PANDILLA”
Baixo o número 378, a editora Mondadori publica a novela de Philip Roth “Nuestra pandilla”.
Unha novela que no dicir do seu autor é unha imitación esaxerada, unha parodia do estilo do discurso e pensamento de Nixon, o presidente USA protagonista do caso Watergate no ano 1973.
Roth, ata o de hoxe autor de célebres obras como O mal de Portnoy, O peito, O profesor do desexo, Elixía ou A conxura contra América, interrógase e responde:
“¿Por qué abordei a sátira política? Nunha palabra: Nixon”.
Nixon, experto na dobre linguaxe como instrumento de tiranía política: da “China Roxa” á “República Popular de China”, da defensa dos dereitos dos nenos “nonnatos” coa que tanto se enchía a boca ata os miles de nenos do Vietnam “queimados” en defensa da “liberdade”, etc.
“Non hai máis explicación por parte de Nixon do seu xiro ideológico da que dan os dirigentes en 1984 (Orwell) cando interrompen os noticiarios un día si e outro non para informar á xente de que os seus inimigos son agora os seus amigos e os seus amigos os seus inimigos”, comenta Roth.
Se ben tal e como di o autor é difícil de ler “incluso a mellor obra satírica doutra época” experimentando o xúbilo ou a indignación do público contemporáneo, podo asegurar que se pode disfrutar de verdade con esta, talvez porque os modos e maneiras do Nixon non están enterrados de todo e perviven en moitos dos políticos da nosa contorna.


J. Estévez L.
Enviar un comentario
Morte na muralla
Unha historia de amor con final feliz


Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF

Talvez un machista
talvez si, talvez non

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF
Vivir
provisional poema, soluble carta de amor

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF
Atrozmente con amor
ou unha cita coa extinción

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF
D.
d de dilois rabieira

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF
Xoel
Persecución e caneo de estereotipos

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF
Amor virtual
Amor platónico

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF
Fóra da lei
Tarxeta de presentación

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF
Víctimas da ira
Verdugos de sí mesmos

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF
De ida e volta
Poemas de amor e destrucción

Descargar libro en PDF Descargar libro en PDF


Arquivos

· febreiro 2010
· xaneiro 2010
· decembro 2009
· novembro 2009
· outubro 2009
· setembro 2009
· agosto 2009
· xullo 2009
· xuño 2009
· maio 2009
· abril 2009
· marzo 2009
· febreiro 2009
· xaneiro 2009
· decembro 2008
· novembro 2008
· outubro 2008
· setembro 2008
· agosto 2008
· xullo 2008
· xuño 2008
· maio 2008
· abril 2008
· marzo 2008
· febreiro 2008
· xaneiro 2008
· decembro 2007
· novembro 2007
· outubro 2007
· xullo 2007
Artígos recentes

· POR SE ALGUÉN TEN INTERESE NAS OBRAS
· CANEIRO, Xosé Carlos: CAMIÑOS DE AMOR E LÚA
· YOSA BUZÓN: Selección de jaikus
· Os Episodios galegos de M. O´Rivas
· ROBERTO BOLAÑO: Una novelita lumpen
· YOLANDA CASTAÑO: EROFANÍA
· INCIVIL: Xoán Carlos Domínguez Alberte
· ACUSACIÓN: Xiana Arias
· Sete palabras: SUSO DE TORO
· DENTRO DO LABIRINTO


Buscar


Sindicación de contidos