O poeta Álvarez Torneiro di: “Son absolutamente prescindibles a maioría dos libros de poemas que se publican en Galicia “(La Voz de Galicia, 29-XII-2008)</i>
E a min as vísceras pídenme: E entre eles os seus, meu señor.
Pero non.
Cantidade non é sinónimo de calidade, xaora, pero si de vida, de vida do noso idioma e, de entrada, ningún libro escrito en galego é desprezable, anque “chirríe” nalgún “excelso oído” que asenta o cu nas “aulas da corrección”, ese reducido círculo dos ególatras da exquisitez estilística.
Para non piar tarde, a escrita en galego un arma de compromiso contra os que pretenden matar o noso idioma.
Os tiburóns e os seus adxuntos.
Hai moitas formas de censura, entre elas a banalidade deste tipo de asertos.
Na miña opinión, canto máis se escriba e se publique, mellor.
|