Acaba de aparecer nalgunha librería en edicións Fervenza (o asunto da distribución merecería capítulo aparte) o libro de poemas DENTRO, obra gañadora da XII edición do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía, convocado polo concello da Estrada e da que é autora Berta Davila.
Dividido en tres bloques (a catarse, sempre e aquí), incorpora citas de poetas como Manuel Antonio, Dulce María Loinaz, Octavio Paz, María Lado, Cesare Pavese, Estíbaliz Espinosa ou José Luís Escudero.
“É certo que este libro é para ti,
e que fala de ti,
e que todo el es ti…”
“Entra en min tan violento e animal como quero sentirte,
entra en min tal salvaxe como sexas capaz.
Hoxe amareite tanto…”
“Lémbrome de ti camiñando
a rúa mollada como na canción de Víctor Jara
sen ser eu Amanda…”
|