| Publicado o
venres, 19 de xuño de 2009
|
| REIGOSA: A VIDA DO OUTRO |
O último libro que acabo de ler.
A novela que levou o XX Premio de Novela Torrente Ballester.
Editada por Galaxia.
Carlos G. Reigosa, narrador con varias obras publicadas, cóntanos en primeira persoa as tribulacións de MIguel C. Goiriz, de 56 anos.
A autohistoria entretén pero, non sei, algo non me cadra nela.
Non teño por ben falar mal das obras literarias pero nesta quédame un retrogusto algo desagradable.
¿O machismo subliminal...?
Acepto: o protagonista é así e el narra a súa versión dos feitos. Pero non me encaixa que o tipo teña un nivel de conciencia social, que sexa crítico a nivel político (de estrema esquerda para rematar como simpatizante do Psoe) e que na vida persoal nos conte que se vai á cama cando lle peta coa muller que lle peta (casado ou separado) e elas nunca teñen nada que dicir, non opinan, están aí ao servizo do señor, incluso cando anula unha cita nin protestan...
Semella moi pouco crible.
Doutra banda nalgúns momentos pareceume "excesiva" en datos e personaxes.
Ten parágrafos xeniais,como nas páxinas 213-214, cando fala de Aznar.
Anotacións "simpáticas" pola coincidencia no tempo con outros feitos: o Presidente da Xunta de Galiza, Sr. Feijoo, declarou hai uns días que o seu libro por excelencia era O lobo estepario de Hesse, e nesta novela o protagonista di:
O LOBO ESTEPARIO pareceume inxenuo e artificioso...
Cómpre sinalar que o protagonista esgtá relendo obras que o entusiasmaron antano, cando rapaz.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 11 de xuño de 2009
|
| ROSA ANEIROS |
A celebrada autora da xa case mítica RESISTENCIA está a puntiño de estar de novo nas librerías coa novela gañadora do Xerais SOL DE INVERNO.
E os seus fieis lectores agardamos como auga de maio, con certa ansiedade, esa nova nobra e felicitámonos pola boa nova.
"Sol de Inverno non é unha novela histórica,senón a historia de como Inverno procura recuperar o paraíso perdido da súa infancia", di a Rosa.
Con un punto de romanticismo agónico, confeso a miña admiración por Rosa Aneiros.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 25 de maio de 2009
|
| VIVIR, novo libro de poemas |
<b>Da miña autoría.
Vivir, interesante labor: arduo para algúns, satisfactorio para outros.
Vivir, provisional poema, soluble carta de amor.
En homenaxe á miña compañeira.
VIVIR, aí acarón para descargar libremente
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 12 de maio de 2009
|
| HAY FESTIVAL ALHAMBRA 2009 |
Foi a segunda cita do Hay en Granada, do 7 ao 10 de maio.
Eu tiven a sensación de que o número de asistentes foi menor ca na primeira edición e de que a organización non acadou os niveis de excelencia da primeira vez.
Porén, a verdade, os actos aos que asistín resultáronme moi satisfactorios pois, unha vez máis, permitíronme entrar en contacto con outras visións do mundo:escritores afgans, turcos, libaneses, sirios...
Por alí pasaron Vikram Seth, Atiq Rahimi, Andrés Neuman (ocorrente, humilde, comunicativo) Javier Cercas, Fernando Savater, Adonis, Alberto Manguel, Martín Amis, Maruja Torres, David Trueba, Julián Rios, Orhan Pamuk...
Ademais unha gala de poesía (Benjamín Prado, Alvaro Salvador, Dario Jaramillo, Joumana Hadadd...), visitas guiadas pola Fundación Francisco Ayala e Federico García Lorca, talleres de pintura e literatura, exposicións de pintura, fotografía, actuacións musicais, cine...
E todo en catro días.
Todo un agasallo de intercambio cultural e creatividade, de libros, palabras, ideas, arte...
Eu asistín ás tres edicións de Segovia e a estas dúas en Granada e, agás impedimentos insalvables, farei todo o posible para seguir gozando destes eventos. É o mellor que podo dicir dos festivais Hay.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
venres, 10 de abril de 2009
|
| De A para X |
Unha nova novela de John Berger publicada por Alfaguara.
No meu entender -advirto que é moi primario-, unha extradordinaria novela.
Comparto totalmente a opinión de Harold Pinter:
"De A para X é un dos libros máis conmovedores dos que teño lido en moitos anos. Berger pon de manifesto que, por viles que sexan os exércitos que nos oprimen, o amor e o espírito humano son indestructibles".
Unha historia en cartas.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 17 de marzo de 2009
|
| HAY FESTIVAL CARTAGENA 2009 |
29 DE XANEIRO-1 DE FEBREIRO
Eu non fun. Once horas de avión supéranme.
Pero si foi unha amiga miña, Inma Huguet, e contoume... e mandoume un lindo agasallo: unha Antología de cuentos latinoamericanos asinada para min por nin máis nin menos que por Junot Díaz, autor da celebrada novela La maravillosa vida breve de öscar Wao.
Grazas, prezada amiga.
Conta ela:
"Para mi el Hay de Cartagena fue sobre todo el descubrimiento de autores que apenas conocía, como Junot Díaz (muy cercano, lleno de humor amargo, que a pesar de decir que era muy introvertido, se llevó de calle al público); Luís Sepúlveda, un cuentero magistral; Martín Caparrós, el contrapunto como bandera; Juan Villoro, el dulce y equillibrado amigo de todos... y la maestra de las maestras, Rosa Navarro Durán que fue a mi entender la mejor de las charlas del Hay Festival de Cartagena".
Segundo se recolle no programa que ela amablemente me fixo chegar (amén de diversos xornais e revistas), tamén estiveron: Juan Cruz, Alan Pauls, Eduardo Lago, Laura Restrepo, Martin Amis, Fernando Vallejo, Salman Rushdie e moitos máis...
¡Que marabilla de festival!
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 12 de marzo de 2009
|
| ÁMOTE VERMELLA, de CLAUDIO RODRÍGUEZ FER |
Libro de poemas editado por Xerais e ilustrado por Sara Lamas.
Do poema ÁMOTE, ANARQUISTA:
"Porque non nos deixan cruzar os ríos
cruzaremos os mares, está claro!
Do poema A JUANA CAPDVIELLE
"Chamábase Juana Capdevielle
como podía chamarse a vida mesma:
morreu, como viviu, de amor e liberdade"
Do pomea AMADA AMADA:
"Escoitaron os disparos
os tres que tanto a querían.
Filliño, marido e pai
no barco que a despedía".
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
mércores, 4 de marzo de 2009
|
| NON SON DE AQUÍ, María do Cebreiro |
Novo poemario editado por Xerais.
Uns versos.
Do poema Bangor:
1
"Non esquezas traer o corazón"
4
"As patacas de Irlanda
non disparan.
Para que serve a fame?"
Do poema Biscaia (a Lei do Pai)
"Ela sempre imaxina
que seu pai
inocula venenos
e polo sangue abaixo
viaxan pedras,
a memoria da especie...."
De Todo o ouro do mundo:
"As lágrimas non fan medrar as árbores
e a rapaza que quere ser un río
non poderá escapar do fío de música
que tensa os sete músculos da pena"
De Lugo:
"E iso era Becerrá: ladrillo
visto. Unha estrada
cortada
á que sempre chamaban
general. Os emigrantes
viñan do País Vasco.
Dicían comprender
o terrorismo".
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
mércores, 25 de febreiro de 2009
|
| VARGAS LLOSA e BORGES |
Confeso que me deleitei, que gocei intensamente coa lectura do artigo de Mario Vargas Llosa publicado no El País de data 22-02-09, e que leva por título Farsa elogiosa repugnante. Un párrafo:
“Uno de los más hermosos poemas que escribió Luis Cernuda se llama Birds in the night y está dedicado a Verlaine y Rimbaud. O, mejor dicho, a la “farsa elogiosa repugnante” de que suelen ser víctimas, después de muertos, los poetas que, malditos y marginados en vida por sus malas costumbres, excesos, violencias y provocaciones, son luego convertidos en glorias nacionales”
Tonificante.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 2 de febreiro de 2009
|
| AMOR AMÉN, de IOLANDA ZÚÑIGA |
Editado por Xerais na súa colección de poesía.
É o primeiro poemario de Iolanda (autora de Vidas post-it), nada en Vigo e de periplo vital intenso, auscultando os nimbos do fado e aliviando desamores.
Despois da fantasía
Ti
“denúnciote polos malos modos
polo afecto escaso”
“matricúlome
nas disciplinas do maltrato”
Logo do combate
Eu
“e non hei lamber chan por onde pises
nin uliscar almofada que pernoctes”
“porque non atopo ningunha escusa
para quererte”.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 27 de xaneiro de 2009
|
| LA CASA DEL TIEMPO de DAVID ESCAMILLA |
Editado por Huerga & Fierro editores na súa colección de poesía Pasión del Verbo, con prólogo de Joan Manuel Serrat e epílogo de Joan Margarit.
Joan Manuel: “Yo sólo sé decirte que ha sido un placer caminar por esta Casa del tiempo donde rezuman todo tipo de deseos y melancolías que se contagian hasta hacerse propios”.
Joan Margarit: “Desde el primer poema está presente la confianza en la vida sustentada sobretodo en la belleza, pero aparece al lado de eso el miedo de la felicidad, del pensamiento, el placer oscuro del outsider que se encuentra latente en el miedo de los jóvenes –por eso su obsesión por la noche- y que busca ser deslumbrado por algún faro”
Uns versos do libro:
Poema: Lágrima
Cuando las lágrimas
abandonan su cuartel
-con la osadía de un general
y la técnica del camaleón-
despliegan sus efectivos
sobre nuestras facciones
y es entonces cuando borran al instante
la lenta construcción de un día,
de los meses, de los años.
Poema: Deseo
Es tiempo de revolución y de sueño,
de mirarnos al fondo de los ojos
sin tener miedo de nada,
Poema: Faro
Me he convertido en una plaza sin ciudad,
en un beso sin labios,
en el eterno y polvoriento extranjero
que nunca nadie echará de manos
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 12 de xaneiro de 2009
|
| MEDIANOITE, de Murid Barguti |
Libro de poemas editado por Cuadernos del Hocinoco, en tradución ao castelán de Luís Miguel Cañada e con ilustraccións de Javier Pagola.
Murid Barguti naceu en Ramala (Palestina), abandonou a súa cidadade coa invasión israelí e vive no Cairo.
Autor de varios libros de poemas, recibiu o Premio Naguib Mahfuz pola súa autobiografía Vía Ramala.
Algúns versos deste libro:
“A guerra muda en farsa
cando se torpedea unha volvoreta con misís
e roza o colmo da comicidade
cando comproban que non morreu,
que na mañán voou,
exánime pero máis fermosa
e mái alto cá convicción do militar”.
“Ai, atleta perpetuo.
Ai, tras dela.
¡Que longa a distancia!
Cada vez que te achegaches á liña de meta
cambiárana de sitio,
alónxarana das túas bágaos de vitoria”.
“O cansazo do sol repousa
feito azucre nas uvas,
carmesí nas cereixas,
mel nos figos,
e aceite nas cubas”.
“A propia guerra,
apoiada nun par de muletas,
avanza un par de pasos
polos corredores da paz”.
“A humanidade, avó, avanzou moito.
Volveu á era dos milagres.
Agora xa é posible
borrar todas as probas.
Agora xa é posible demostrar
que non sucedeu nada.
Agora xa é posible confirmar
que a morte é unha afección das vitimas.
Agora os nenos poderán empezar a vivir
cando se fagan adultos”.
“Refreguei unha folla de laranxeira entre as mans,
refregueina para ulila como me aconsellaran,
e no levala da man ao nariz
convertinme nun refuxiado, un sen patria”.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
venres, 2 de xaneiro de 2009
|
| SALINGER |
Con noventa anos ás costas, continúa a súa voluntaria reclusión, perseguindo as intromisións na súa intimidade, inclusive o uso do seu nome por quen lle concede premios que el non busca. Renunciou á vida pública e "vive a súa vida".
Como escritor converteuse nun mito desde a mesma publicación da obra O gardián entre o centeo, unha ¿novela?, na miña opinión, dicotiledónea: dunha banda todo é hipócrita-insoportable-falso-repugnante e, da outra, todo é divertido-bo.
Hai quen o compara con Scott Fitzgerald ou con Melville...
Sorpréndeme o seu éxito masivo pois creo que non é nada doado de ler, a non ser polo "tono" acedo e supostamente "contra todo", que tanto vende para aquel que non quere facer a revolución sen cambiar nada...
Naturalmente, non debo rachar a vestimenta por esa circunstancia pois tamén Eco vendeu millóns de libros...Fariña doutra artesa sería quen e cantos os leron.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
venres, 26 de decembro de 2008
|
| MORREU HAROLD PINTER |
Uns versos seus, que son unha reflexión sobre a Guerra do Golfo:
"...funciona,
fixémolos merda"
"... As bombas estalan
as pernas estalan
as cabezas estalan
os brazos estalan
os pés estalan
a luz apágase".
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
mércores, 17 de decembro de 2008
|
| PHILIP ROTH: “NUESTRA PANDILLA” |
Baixo o número 378, a editora Mondadori publica a novela de Philip Roth “Nuestra pandilla”.
Unha novela que no dicir do seu autor é unha imitación esaxerada, unha parodia do estilo do discurso e pensamento de Nixon, o presidente USA protagonista do caso Watergate no ano 1973.
Roth, ata o de hoxe autor de célebres obras como O mal de Portnoy, O peito, O profesor do desexo, Elixía ou A conxura contra América, interrógase e responde:
“¿Por qué abordei a sátira política? Nunha palabra: Nixon”.
Nixon, experto na dobre linguaxe como instrumento de tiranía política: da “China Roxa” á “República Popular de China”, da defensa dos dereitos dos nenos “nonnatos” coa que tanto se enchía a boca ata os miles de nenos do Vietnam “queimados” en defensa da “liberdade”, etc.
“Non hai máis explicación por parte de Nixon do seu xiro ideológico da que dan os dirigentes en 1984 (Orwell) cando interrompen os noticiarios un día si e outro non para informar á xente de que os seus inimigos son agora os seus amigos e os seus amigos os seus inimigos”, comenta Roth.
Se ben tal e como di o autor é difícil de ler “incluso a mellor obra satírica doutra época” experimentando o xúbilo ou a indignación do público contemporáneo, podo asegurar que se pode disfrutar de verdade con esta, talvez porque os modos e maneiras do Nixon non están enterrados de todo e perviven en moitos dos políticos da nosa contorna.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 11 de decembro de 2008
|
| ÉRASE UNHA VEZ... GRANADA. |
E o Hay Festival Alhambra 2008.
E a bonita fortuna de ter coñecido a unha magnifica persoa e, polo que vexo, excelente poeta.
En non quero remedar a José A. Goytisolo e menos a Paco Ibañez, pois non alcanzo, pero.
INMA versur INGRID
Eu non teño nada claro por que ao vela de reprente, coma un lóstrego, me veu á cabeza o nome de Ingrid.
E para min así lle quedou.
Ela, humilde e coqueta, cualifica o seu poema de "menos insigne" (estase a referir a un libro, que así define, do poeta canario Tomás Morales que tivo o bo gusto de enviarme, cousa que agradezo de corazón),
Como non me esixe o secreto, vou reproducir o poema que, destaco, deixoume "felizmente descolocado".
MATAR AL POETA ES LA CONSIGNA
Nacerá un poeta
por cada poeta muerto.
¡Qué digo uno,
dos,
qué digo dos,
seiscientos!
Nacerán
Naceremos
Nacerán
Callan los pájaros
pero es sólo un instante.
Regresan y lo harán siempre
De todos los días sombríos
que nos dejó la historia,
el de tu último es el más miserable.
¡Tu sangre, Federico!
¡Tu sangre manchó sus zapatos!
Dicen que vuelve el homicida
al lugar del crimen,
pero el lugar del crimen somos todos.
¿Volverá el cobarde
con sus ojos de miedo
a matar al poeta
una y otra vez matar al poeta?
¿Salpicará la sangre del amigo
nuestro rostro de mar,
una y otra vez nuestro rostro de mar?
¡Tu sangre, Federico!
¡Tu sangre manchó sus zapatos!
¡Tanta sangre para unos zapatos!
¡Tanta sangre de poetas muertos
para unos zapatos!
Todos los poetas que fueron antes que tú
Todos los que habitaban tu alma
de pájaro
y todos los que soñaste que serían
Todos poblaban tus venas de Bellas
Inspiradas
Gentiles
Tenaces
Fecundas
Feroces
Rotundas
Honestas
Generosas palabras
que caían en cascada por entre las valvas de tus cavidades cardíacas
¡Tu corazón! ... ese caballo desbocado.
Esa máquina que Dios no se atrevió a frenar.
No trata de ocultar sus huellas el verdugo
No sabe que cada pisada
es un poema que florece
No desnudes tus pies, asesino.
Planta tu bota en mi gargarganta
Huerta de San Vicente- 6 de Abril 2008 Granada.
Este é o poema de Inmaculada Machín,
unha fermosa rapaza de Las Palamas.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 1 de decembro de 2008
|
| ÁLVAREZ TORNEIRO E A PUBLICACIÓN DE LIBROS DE POEMAS |
O poeta Álvarez Torneiro di: “Son absolutamente prescindibles a maioría dos libros de poemas que se publican en Galicia “(La Voz de Galicia, 29-XII-2008)</i>
E a min as vísceras pídenme: E entre eles os seus, meu señor.
Pero non.
Cantidade non é sinónimo de calidade, xaora, pero si de vida, de vida do noso idioma e, de entrada, ningún libro escrito en galego é desprezable, anque “chirríe” nalgún “excelso oído” que asenta o cu nas “aulas da corrección”, ese reducido círculo dos ególatras da exquisitez estilística.
Para non piar tarde, a escrita en galego un arma de compromiso contra os que pretenden matar o noso idioma.
Os tiburóns e os seus adxuntos.
Hai moitas formas de censura, entre elas a banalidade deste tipo de asertos.
Na miña opinión, canto máis se escriba e se publique, mellor.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
mércores, 26 de novembro de 2008
|
| OLVIDO GARCÍA VALDÉS |
Poesía reunida: 1982-2008-11-26
ESA POLILLA QUE DELANTE DE MI REVOLOTEAEditorial: Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores
De “Y todos estábamos vivos”:
“ganar un día cada día, llegar
a la noche y respirar, con cada movimiento,
ir haciendo, del ritmo de la respiración,
aliento para llegar
al día”
De “Inédito”:
“Uno de los móviles de la poesía arraiga en lo amoroso, pero otro tiene su raíz en la violencia, en alguna clase de rabia o intemperanza. Ambos orígenes son manifiestos en Gottfried Benn o Luis Cernuda; también lo son en Rosalía de Castro, Emily Dickinson o César Vallejo: Ambas raíces alimentan lo político”i>
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
mércores, 19 de novembro de 2008
|
| GEORGES PEREC |
Obra: L´Infra-ordinaire
Eu lin a traducción do francés a cargo de Mercedes Cebrián (introducción de Guadalupe Nettel) publicada no pasado mes de outubro pola editorial Impedimenta como primeira edición en castelán.
Cito a Nettel:
“Marcada por un destino trágico, la obra de Perec no dejará de hacer referencia a los acontecimientos de su infancia: Perec era hijo de judíos polacos. Su padre, Icek Peretz, se enroló de forma voluntaria en el ejército y murió en junio en 1940. Poco tiempo después su madre lo envió a Villard-de-Lans, para protegerlo de las deportaciones. Fue en esta ciudad donde su nombre fue transformado en Perec. A principios de 1943, la madre del autor fue detenida y enviada a Auschwitz, donde murió meses más tarde”.
Perec naceu en Paris no ano 1936 e morreu de cancro de pulmón no ano 1982 . Formou parte do grupo literario OuLiPo.
Roberto Bolaño tíñao polo novelista máis grande da segunda metade do século XX.
Nesta obra pode lerse (cita literal):
“Estamos en Finisterre. Siesta y gastronomía. Visitamos algunos castillos. Os recordamos”.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 10 de novembro de 2008
|
| MARÍA SOUTELO |
Sotelo Blanco, na súa colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, vén de publicar o libro de poemas CÓDIGO POÉTICO, gañador do XX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo concello de Dodro, da autoría de María N. Soutelo Vázquez, cun prólogo de X. H. Rivadulla Corcón.
Afirma o Rivadulla “que María quere ser poeta con todas as consecuencias, aceptando a condena, bendita condena, porque expresa a vontade de que a poesía é un código válido e necesario para presentarse e expresarse, para comunicarse.
O ton xeral do poemario que percibo é o da poesía de reflexión sobre o acontecemento global da vida.”
“Quero mercar o meu tempo
para regalarcho
e dosificar os velenos da túa ausencia
segundo
o que vén indicado no prospecto.”
“Supoño que hai mendigos
recollendo cartóns
e laranxas no lixo dos outros
enfermeiras en paro
poetas que non aceptan que o son
e músicos-comerciantes
que venden o seu tempo
por cartos
para poder ir
tirando”
“Nunca saberemos
en que momento certo
se acabron os chanzos da escaleira
e deixamos de ascender”
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
venres, 7 de novembro de 2008
|
| BERTA DÁVILA |
Acaba de aparecer nalgunha librería en edicións Fervenza (o asunto da distribución merecería capítulo aparte) o libro de poemas DENTRO, obra gañadora da XII edición do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía, convocado polo concello da Estrada e da que é autora Berta Davila.
Dividido en tres bloques (a catarse, sempre e aquí), incorpora citas de poetas como Manuel Antonio, Dulce María Loinaz, Octavio Paz, María Lado, Cesare Pavese, Estíbaliz Espinosa ou José Luís Escudero.
“É certo que este libro é para ti,
e que fala de ti,
e que todo el es ti…”
“Entra en min tan violento e animal como quero sentirte,
entra en min tal salvaxe como sexas capaz.
Hoxe amareite tanto…”
“Lémbrome de ti camiñando
a rúa mollada como na canción de Víctor Jara
sen ser eu Amanda…”
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 6 de novembro de 2008
|
| CABRERA INFANTE |
Da súa novela recentemente publicada: LA NINFA INCONSTANTE, este diálogo, salientando que o autor non se volve referir ao tema a non ser para aclarar que Lázaro é galego:
“ - ¿Qué te parece, Angel?
Mostraba ahora una foto de una mujer al lado de una carretera, en cuclillas, la falda levantada, meando.
Lázaro echó un vistazo a la foto.
- Que es Galicia.
- Si. Es Galicia –admitió Wangüemert, no sin asombro.
- Tiene almorranas.
- ¿Quién?
- La gallega de tu instantánea”
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 4 de novembro de 2008
|
| KUNDERA ¡VAIA LIO! |
E total, por nada.
García Márquez, Coetzee, Pamuk, Fuentes, Semprún, Goytisolo, Roth e un longo ecétera asinan comunicados de solidariedade co escritor checofrancés ante os ataques da prensa pola suposta “delación” no ano 1950 dun “espía” que traballaba “para os gobernos de países capitalistas” e contra o “goberno comunista checo”.
Kundera daquela militaba no bando comunista (con carné do partido).
Xa que logo, imponse un gramo de seriedade.
Se o escritor Kundera era un comunista convencido (e se non o era ¿que pintaba no partido?. Se non estaba convencido, era un farsante), se se identificaba cos ideais comunistas e, en consecuencia, “amaba á súa patria” (algo que tamén reivindicaron todos os asinantes – e moitos aínda siguen reivindicando) e coñece da presenza no seu país “dun inimigo da patria e do pobo”, o que tiña que facer precisamente era iso: denuncialo.
A iso chámaselle coherencia e honestidade.
E se pasado o tempo cambia de parecer e “abomina” das súas crenzas anteriores, do seu ideario comunista, o que tiña que facer era anuncialo e pedir perdón polas “animaladas cometidas”, se é que así as consideraba (e polas reacións dos días de hoxe así semilla que fai).
E a iso chámaselle coherencia e honestidade.
Polo tanto ¿para que tanta fanfarra?
Se non o fixo pois non o fixo e se o fixo pois tampouco pasa nada a non ser que se o fixo e o nega o escritor minte (que tampouco sería tan extraño e tan grave pois é algo habitual).
Gallimard, a súa editora, promove todo este “follón” e ¿non será por razóns de mercado…?
Andar e ver.
En todo caso e para min Kundera é un extraordinario escritor.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
mércores, 8 de outubro de 2008
|
| VARGAS LLOSA |
Como xa sinalei noutra nota, Mario Vargas Llosa estivo presente no Hay Festival Segovia 2008 o día 28 de setembro.
E estivo presente por partida doble:
Pola mañán nunha sala completamente abarrotada de público na fermosa igrexa –hoxe museo- San Juan de los Caballeros falando nun dueto con Javier Moreno, director de El País, sobre xornalismo e literatura.
E pola tarde no teatro Juan Bravo, tamén con todas as localidades ocupadas, impartindo unha lección sobre creación literaria que levou por título La literatura y el escritor.No acto da tarde empregou o método da autoentrevista e camiñou pola vía das preguntas tópicas que dixo lle fan case sempre os xornalistas.
E abofé que cautivou ao auditorio que o escoitou cun respecto cuasirrelixioso.
¿Por que é escritor?
Sono desde neno, desde o mesmo momento no que fun lector. Foi algo natural. Segundo miña nai, as primeiras cousas que escribín tiñan que ver coas miñas lecturas. Era a forma de continuar unha historia que me gustara e que quería que continuara. Ou era a forma de cambiar un final que non me agradara ou co que non estaba dacordo.
¿Como chegou a ser escritor?
Eu estudiei letras e dereito. A primeira por vocación e a segunda por ter unha profesión alimenticia. Desde sempre escribía contos e pequenas historias. Pero recordo o preciso momento no que decidín ser escritor. Foi no ano 1958. Estaba en Madrid porque me concederan unha beca para facer un doutorado na Complutense. Véxome no piso da rúa Doctor Castelo tomando unha decisión definitiva: non vou ser avogado nin xornalista, senón escritor e o xornalismo ou a avogacía ou calquera outra actividade alimenticia que teña no futuro estará para sempre acomodada á miña vida de escritor. Logo a realidade vén a distorsionar un tanto esa decisión e non sempre puiden organizar a miña vida en torno á miña actividade de escritor. Pero o certo é que esa disposición tan segura moralmente deume a convicción de que realmente ía a ser escritor.
¿Cales foron as súas influencias?
Como o neno de Cochabamba que fun, acostumado a un lugar onde non pasaba nada fóra do común, tiña grande apetito polas vidas extraordinarias. Mais ao primeiro escritor que lin sistemáticamente, buscando todos os seus libros, foi Alexandre Dumas. Impresionoume moito unha frase de Oscar Wilde cando dixo “ A morte de Lucien de Rubempré foi unha desgraza persoal”, referíndose ao personaxe de Balzac. Da mesma maneira eu lin a morte de D´Artagnan en estado de trance. Creo que por primeira vez fun consciente de que detrais dese mosaico de historias estaba un autor, unha vontade de estilo, un exercicio de imaxinación.
¿Cal foi o libro que máis o marcou?
Sen dúbida foi Os miserables de Víctor Hugo. Polo menos nunha primeira época. Despois houbo outras moitas influencias. Por ejemplo Sastre, sobre todo nos seus ensayos sobre literatura, quizais menos as novelas e contos que envelleceron moi mal. Del venme a idea da literatura como forma de acción. Dos libros como actos que poden cambiar a realidade. Talvez a idea se vexa agora como inxenua pero sempre pensei que a literatura non pode ser unha actividade frívola porque ten un efecto na vida da xente. Segue en min a idea de que a literatura non é gratuita. E outra gran influencia na miña vida foi Faulkner. Con el aprendín que a técnica é fundamental para que unha novela sexa persuasiva. Foi o primeiro autro que lin con papel e lapis n aman, tentando descifrar a súa estructura, sendo consciente de que na novela o tempo é unha creacón y os puntos de vista algo fundamental.
E así durante corenta minutos, atendendo a continuación en quince tres ou catro preguntas dos asistentes. Por certo, esquivou con habilidade unha sobre os problemas que tivo con outros escritores.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 30 de setembro de 2008
|
| HAY FESTIVAL SEGOVIA 2008 |
Do 25 ao 29 deste mes de setembro tivo lugar en Segovia a terceira edición do Hay Festival nesa localidade, para o que se venderon máis de 12.000 entradas –segundo o xornal segoviano El Adelantado- e ao que asistiron máis de 20.000 persoas –segundo El País.
Os organizadores afirman que nos case preto de 50 actos (participaron aor redor de 90 autores) houbo cheo, extremo do que discrepo pois eu que asistín a 14 só vin tal nos dous de Mario Vargas Llosa.
O primeiro día, o 25, estiven presente en dous actos:
-Daniel Pennac:
O escritor francés (de orixe marroquí) – que conversou con José María Ridao no teatro Juan Bravo- defendeu o valor da educación como forma de paliar a dor que xera o descoñecemento nos nenos e nos xoves, que se enfrontan a un sistema educativo basado no “resultadismo” e alonxado dos procesos cognitivos e do razonamento.
En relación con esa insistencia tan de hoxe en falar de crise na escola, dixo:
“Vivimos nunha sociedade hipocondríaca e chea de medos. Por primeira vez conseguimos implantar un sistema que ensina aos nenos ata os 14 ou os 16 anos. A todos os nenos, sexan ricos ou pobres. Ata hai moi pouco non se ensinaba ás nenos e non estudiaban os pobres. Non hai tanto diso. A nosa sociedade está deprimida. Ten medo ao futuro. É o prezo sicolóxico que paga Europa por ter conseguido por primeira vez na súa historia 60 anos seguidos de paz, se excluímos o que ocorreu nos Balcáns”.O autor de obras tan celebradas como COMO UNHA NOVELA ou a última que publicou MAL DE ESCOLA (que son novelas, ensaios, un pouco de todo...), sinalou que tras superar a etapa escolar e dedicarse profesionalmente á docencia “volveu a atopar no meu traballo nenos con problemas escolares nos que encontrei a dor de non entender, que deriva na prantexamento que se fai o alumno ao preguntarse que pinta nun lugar no que non entende que se espera del, e termina por ver que ocupa un lugar indigno e pasa vergonza”.
-Michael Ondaatje:
O escritor canadiano -que naceu en Sri Lanka, viveu en Inglaterra e hoxe reside en California-, autor da coñecida novela O PACIENTE INGLÉS, falou có escritor colombiano Juan Gabriel Vásquez e centrouse na súa última noval DIVISADERO, unha obra de vidas marcadas pola traxedia e impregnada de emoción e poesía. Tardou en escribila cinco anos. Nel as diferentes historias que se narran encaixan como nun collage e destácase a importancia de saber asumir o pasado. Salientou que “os libros está esperando a que chegue laguen, como nunha obra de Harod Pinter”.
Polo Hay Festival pasaron entre outros, ademais dos xa citados, Paul Preston, Germaine Greer, Diane Wei Liang, Peter Schneider, Juan Goytisolo, Juan Manuel de Prada, Espido Freire, Andrés Sánchez Robayna, Alejandro Zambra, Cristina Fernández Cubas, Juan Antonio Masoliver, Jesús Ferrero, Edgardo Cozarinsky, Jon Lee Anderson, Carmen Posadas, Antonio Colinas, Ouidad Benmoussa, Gillian Clarke, Robert Minhinnck...
Tamén se celebraron visitas guiadas polos camiños de Machado en Segovia, polo Jardín el Romeral de San Marcos, diferentes exposicións de fotografía e pintura, etc.
En resumo: uns días de efervescencia cultural que puxo a Segovia no escaparate mundial (non se esqueza que estiveron escritores de diferentes países: Italia, Alemaña, Francia, Inglaterra, Canadá, Colombia, Arxentina, Perú, Chile, Marrocos, India, etc.)
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 4 de setembro de 2008
|
| STEINER E O GALEGO |
Non admite excusa de ningún tipo o feito de que un señor que vai de "sabio" (e na miña humilde opinión si que o é) se manifeste sobre un asunto sen un mínimo estudio previo do mesmo (supoñemos que así foi e así o defendemos pois o Steiner que se interrogou sobre por que o galego tiña que ser obrigatoio na universidade tamén é o que defende a riqueza para o ser humano que supón a variedade de linguas e a necesidade de preservalas), sobremaneira tendo en conta que hoxe a información (unha menos rigorosa e outra máis, pero na súa discriminación reside a cualificación de quen a emprega) está na rede ao alcance de todo aquel que a precise.
Non hai xustificación ningunha, pero tampouco entendo moi ben o alporizamento de moitos dos escritores/ras en galego xa que, penso, en boa medida eles mesmos tamén son responsables da situación de descoñecemento da nosa literatura alén do Courel.
Dalgún xeito actúase "en círculo pechado" para evitar "impurezas" e "contaminacións" (en especial do ámbito do castelán) e unha consecuencia dese non-aperturismo é a nula imaxe exterior dos autores/autoras, inclusive dos que teñen maior notoriedade, dos que teñen máis proxección internacional como o Rivas e o Suso de Toro, pois as críticas acedas e o "ninguneo" -máis ou menos encuberto- a que se ven sometidos en Galiza "trasládaos" ao mundiño cultural foráneo como excelentes escritores en castelán, cando orixinariamente o fan en galego.
Talvez a lectura máis positiva deste enredo, desta polémica nos debería de conducir a medidas de promoción, "externalizando" aos nosos escritores/as e obras e Cuba, fóra "asperezas" na xestión e presentación de contas, marcou o camiño a seguir.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
venres, 29 de agosto de 2008
|
| MAHMUD DARWIX: POESÍA ESCOGIDA (1966-2005) |
Editorial: PRE-TEXTOS
Primeira edición: xaneiro 2008
O poeta palestino da denuncia e da resistencia, que finou hai poucas semanas lonxa da súa terra (en Nova Ior) pero que foi enterrado con todas honras de poeta nacional na súa patria, é autor de máis de vinte libros de poesía, amén de numerosos tomos de prosa autobiográfica.
Neste tomo, Luz Gómez é a responsable da edicción e da traducción.
Por salientar algún poema citaría algúns versos do poema de supervivencia no medio da represión ESTADO DE SITIO:
...
LOS SOLDADOS CALCULAN LA DISTANCIA ENTRE EL SER
Y LA NADA
CON LA MIRILLA DEL TANQUE.
CALCULAMOS LA DISTANCIA ENTRE EL PROPIO CUERPO
Y LAS BOMBAS... CON UN SEXTO SENTIDO.
...
ou os do poema RUBAYAT:
...
VEO LO QUE QUIERO VER... DE LA CÁRCEL: LOS DÍAS EN QUE SE
EVADIÓ
UNA FLOR GUIANDO A LOS DOS EXTRAÑOS QUE ALBERGO
AL BANCO DE UN JARDÍN: CIERRO LOS OJOS:
¡QUE ANCHA ES LA TIERRA! ¡QUÉ BELLA ES LA TIERRA A TRAVÉS DEL
OJO DE UNA AGUJA!
...
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 19 de agosto de 2008
|
| NEIRA CRUZ, XOSÉ A.: DE ESPARTO E SEDA |
Editora: Espiral Maior
VII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO
Do poemario, a min fixéronme cóxegas de xeito especial estes versos:
1.-
...
Gardei os ríos nun caixón
e recollín as nubes do tendedeiro....
2.-
...
Pero eu sei ler nas marcas dos teus pasos,
aprendín a poñer os pes pequenos
dentro das pegadas que deixaban os teus zapatos grandes
...
3.-
Fagamos o libro dos amantes
-propuxeches-
estriquemos sobre a cama
as nosas peles
e que elas nos sirvan de páxina
sobre a que escribir...
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 31 de xullo de 2008
|
| MARÍA LADO: NOVE |
así doe novembro.
así doen as moas apretadas contra ti, coma un barco,
unha traxedia para un pobo.
...
nunca preguntas.
por min. nunca preguntas por min.
así doe a praia na que nos coñecemos.
toda ela cábeme espesa nos petos do abrigo.
Eu si que pregunto por ti, María Lado, vinte e algo anos máis vello eu ca ti, case cal doutor perdido na ilusión... Eu pregunto por ti pero ti, varios anos máis nova, non escoitas o meu pulso antes de que atardeza nin apuras o camiño ata a antiga torre da luz para amar, máis alá do mar, os nosos nomes secretos, Pero, coa punta dos dedos
con todo, existe
a clandestina posibilidade
de concibir a ilusión do descanso.
María Lado e o seu libro de poemas NOVE, a obra gañadora da X edición do Premio Avelina Valladares Núñez de poesía, recén publicado por Edicións Fervenza.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 29 de xullo de 2008
|
| ¿CULTURA OU CARADURA...? |
Hai uns días tiven a oportunidade de visitar a exposición NO ES NEUTRAL na Tabakalera de Donostia, unha mostra dedicada ao arte máis actual e comprometido de América Latina.
Nela atopamos desde unha botella de cocacola rechea de cristais doutra botella (así, sen máis) sobre a que o pensamento pode elucubrar libremente (consumismo, etc) pero eu, a verdade, vexo cero de creatividade e cero de autoría; a ¿obra? corresponde a Luís Camnitzer (urugaio) ou unha resistencia (si: o dispositivo que serve para oporse ao paso da corrente eléctrica continua, dun metro + ou - ) de Gonzalo Díaz, ata o vídeo LIMPEZA SOCIAL de Regina José Galindo ou MISIONES (CÓMO CONSTRUIR CATEDRALES) – un gran cubo negro de 6 x 6 de base, pechado con cortinas negras ao que se pode acceder, co solo cuberto de 600.000 moedas brasileiras, do teito colgando 2000 ósos e no centro erguéndose unha columna feita de hostias- de Cildo Meireles.
24 artistas de Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Guatemala, México, Porto Rico e Uruguai que nos ofrecen unha visión da creación artística desde os anos 60 ata hoxe. As súas obras seguen as estratexias conceptuais da arte contemporánea e achéganse a temas relacionados cos conflictos políticos, coa violencia, con temáticas de carácter social...
A exposición está en Donostia do 19 de xullo ata 5 de outubro e de aquí vai para Londres.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 17 de xullo de 2008
|
| MARÍA DO CEBREIRO: CUARTO DE OUTONO |
Esta profesora de Teoría da literatura en Santiago publica na editorial Sotelo Blanco o libro de poemas de referencia.
Un libro co que, no seu dicir, "tenta probar que non debería haber propiedade no uso da palabra"
Cita a Gabriel Ferrater, Clarice Lispector, Chus Pato, JM Coetzee e Gilles Deleuze, entre outro autores.
Segundo sinala (páxina 109):
"... case todas as citas que se inclúen presentan desvios significativos con respecto ao orixinal"
Neste poemario podemos gozar con:
Eu nunca usei as mans para ferir.
Nunca abrín unha carta sen permiso.
Nunca escapei dun bico.
E para que o poema
poida escapar da páxina:
hai que termar do alento...
A Angela Davis
Sabe recoñecer un prexuízo
a máis de mil quilómetros
e armarse contra el.
Tiña un radar nos ollos,
afeita como estaba a ver a vida
revelarse en vermello
en cada cuarto escuro de Alabama
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
mércores, 2 de xullo de 2008
|
| UN LIBRO DE POEMAS |
Un novo libro situado aí, acarán, pode descargarse gratis, un breve poemario: ATROZMENTE CON AMOR ou unha cita coa extinción.
Un mostrario de poemas do pesimismo existencialista que aniña en min cada vez con máis forza.
O paso dos anos insíreme na crúa realidade que non son quen de agachar (ao mellor tampouco convén facelo), unha verdade que os espellos me lembran cada mañán: se nunca fun o que se di "un guapo¨", a cousa cada día que pasa empeora: canto máis atractivo me resulta o contorno menos atractivo me sinto eu e o "marabelo" non para de batanear, non acouga, doulle á roda de marear que non vexades, cando o que ten que ser ten que ser pero.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 30 de xuño de 2008
|
| TRES DISPAROS E DOUS FRIAMES |
Nova novela de Miguel Anxo Fernández editada por Galaxia e recén saída do prelo, coma quen di: do trinque.
O super detective Frank Soutelo en acción no Hollywod e non nos mellores e máis recomendables ambientes. Digamos que un bo pai de familia debería estar preocupado, fondamente preocupado se a súa filla "pululare" por esa historia.
E líbreme o diaño de afirmar que a aspirante a actriz, Sarah Moore, é filla dun mal pai. Eu que sei e eu quen son para repartir diplomas de bos e malos, quen son eu para bendecir urbi et orbi aos fieis aos sacramentos e condenar ao lume eterno aos "pecadores".
"Segundo as estatísticas, hai máis mulleres no mundo que outra cousa, agás insectos".
Desta guisa a primeira liña da novela. Unha cita de Gilda.
"Eu ben sabía que o Gallaecia era a chave que eu necesitaría a noite do regreso de Pat Pérez, neta dun fragueiro lugués e aínda na nómina de Frank Soutelo, Detective".
E desta a última.
¿E o resto...?
Sorpresa, sorpresa...
Mércala e lela.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 10 de xuño de 2008
|
| UNHA NOVA OBRA: D d. de dilois rabieira |
Esta novela vén a completar o ciclo iniciado con Víctimas da ira na que xa aparecían dous personaxes que son os protagonistas doutros dúas obras: Xoel, que deu lugar á novela do mesmo nome, e Dilois que dá lugar a esta.
Morte na muralla, que forma parte do mesmo ciclo é unha historia contada pola afillada de Dilois e polo fillo de Xoel.
Podemos difinir ao Dilois como un galego ferozmente nacionalista, comunista... algo descafeinado e homosexual.
Como ser humano que é entra ao longo da súa vida en diferentes contradiccións, e aquí deixa constancia dalgunha delas.
Viaxa a Donosti ao festival de jazz e de camiño e por unha vez visita os tres estrelas Michelín: Arzak, Berasategui e Akelarre.
Tamén se despraza a Granada para asistir ao Hay Festival Alhambra, logo de facer unha parada en Córdoba...
En fin, que o protagonista ten a palabra e será el e só el o responsable do que narra, do que nos conta e de cómo o conta e nós os que podemos disfrutar e no seu caso xulgar sobre o acerto, interese, calidade, etecé, etecé.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
venres, 30 de maio de 2008
|
| LIBRO DE ÁNGEL GONZÁLEZ |
Intensos, tristes, pesimistas... os poemas do libro de Ángel González que publica Visor Poesía na súa colección Palabra de Honor.
A dedicatoria:
Sin ti la poesía
ya no me dice nada,
y nada tengo que decirle a ella.
La única palabra
que entiendo y que pronuncio
es ésta
que con todo mi amor hoy te dedico:
nada
Tremendo o poema cando exclama:
Cuando me encuentro un verso triste
siento en el alma como una caricia.
No es que me alivie la tristeza ajena;
es que me siento menos solo.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 15 de maio de 2008
|
| O DÍA DAS LETRAS GALEGAS |
Agora que os nacionalistas están no poder (Xunta, concellos, deputacións de Lugo e Coruña) e que teñen a responsabilidade das áreas de cultura, resulta que o día das letras galegas volveuse ¿como dicir?, si, máis triste, como máis aburrido, máis institucional, iso, máis de rodas de prensa e fotografías para os xornais.
É certo que se celebran diferentes actos, pero tamén o é que todo aparece como encartonado, frío, con pouca vitalidade, como disque lle está a pasar ao galego, que de tanto oficial perde atractivo para as xentes novas.
E xa sei que o día das letras galegas debe de ser todos os días do ano e non soamente o 17 de maio, xa o sei, pero aínda lembro aqueles 17 nos que moitos nos sentiamos eufóricos, cheos de ilusión participando nos múltiples eventos que tiñan lugar por toda a xeografía galega: conferencias, mesas redondas, representacións teatrais, concertos nas rúas... e non son un rapaz pero tampouco matusalén.
¿Que pasa...?
Semella como se as xentes da cultura cando ocupan cargos por arte do diaño se esqueceran da “cultura” e pensen máis nos “papeis” e se ben é imprescindibel xestionar tamén o é non perder o pulso vital, creo.
En fin, teñamos a festa en paz, merquemos un (ou varios) libros aproveitando o desconto do dez por cento, pero sobre todo (se non é moito pedir) leamos, leamos, leamos... en galego.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 29 de abril de 2008
|
| CANEIRO: ¿UN LIBRO...? |
Galaxia vén de publicar a novela A VIDA NOVA DE MADAME BOVARY, de Xosé Carlos Caneiro.
Prezo de venda: 31 euros
Edición: IMPRESENTABLE
Se no lugar das 706 páxinas tiñan que ser 1000 pois moi ben, que o fosen, pero iso si LEXIBLES.
Eu non sei se Caneiro ou Galaxia teñen intereses -confesables ou non- con "oculistas" pero, de verdade, ler todo ese montón de letras tan ridiculamente pequenas (tipo 8 ou 9) pode causar máis dunha desgraza.
Creo que o libro debería levar incorporada unha LUPA como agasallo aos que temos a moral de mercarlo.
¡Canta paciena señor!
Para ler a novea ."Aquela mañá faltoulle o amor. Afogaba", hai que superar un calvario... espero poder gozar antes de afogar.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
domingo, 27 de abril de 2008
|
| ESCRIBIR |
“Para escribir, en fin, hay que ser tan resistente como una buena rata de alcantarillado”, afirma Rosa Montero cando conta como a novela Firmin do primeirizo Sam Savage se abre paso no mundo editorial e no mercado.
“Escribir es resistir”, sostén a Rosa, “pero hay casos en los que el combate parece demasiado duro, demasiado inclemente. ¿Por qué algunas novelas francamente malas se publican y venden fácilmente, mientras que hay buenos autores y libros hermosos que no consiguen ser editados?”.
En concreto trae aquí como a Robert Walser non se lle publicaba en vida, como La Fontaine viveu da caridade allea, como a Jorge Omar Viera o rexeitaron vinte editoriais antes de que Funambulista se atreva a publicarlle Mientras gira el viento...
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 8 de abril de 2008
|
| HAY FESTIVAL ALHAMBRA |
Datas de celebración: do 3 ao 6 de abril
Tiven a sorte e consecuente satisfacción de poder asistir a este foro no que se compartiron historias e ideas, unha mescolanza de cultura e diversión, e de asistir en excelente compañía: Amalia que foi desde Lugo e Inma Huguet, unha estupenda rapaza que foi desde Las Palmas e que coñecín xa no primeiro acto do festival, acto este que consistiu nunha emotiva homenaxe ao mestre D. Francisco Ayala (102 anos), no que interviron entre outros Juan Cruz (“juanillo”) e a compañeira de D. Francisco –ademais de editora, investigadora e profesora- Carolyn Richmond.
Das trinta e tantas actividades non resulta nada doado destacar unha sobre as demais, pero como para falar de todas precisaría de varias páxinas, aí van as que me fixeron maís cóxegas, amén da xa citada:
-- Murid Barguti (“un hombre con tanta energía que ni me atrevo a formularle preguntas”, comentou a miña nova amiga Inma, a quen bauticei non sei moi ben por que como Ingrid), poeta palestino: “el primer paso para la paz en Palestina será el fin de la ocupación ilegal”.
-- Umberto Eco (asistiron unhas mil persoas): “Ratzinger es el único que tiene claro que es la verdad, yo no, y además no quiero ser Papa”.
-- Juan Goytisolo (+ de 600 persoas): “Vivimos una época no ya de identidades fijas y de raíces, sino de identidades carnívoras. Yo he procurado “desidentificarme”. (...) Frecuentemente se me ha tildado de “herético” y es un término que no me gusta nada. Nunca me he considerado un hereje porque nunca he creído en un dogma”.
-- Joaquín Sabina- Luís García Montero. Salvado o “chupe de protagonismo” do presentador (Ton Martín Benítez, que botou falando seguido máis de quince minutos), todo magnífico. O Joaquín tremendamente ocurrente, o Luís no seu tono (“Luís ten unha cara tan de boeniño que ata dan ganas de querelo”. Eu: “¡Ollo!, que está a Almudena coa escopeta cargada para facer liscar ás intrusas”). Máis de 1000 persoas asistimos no patio do Palacio de Carlos V entusiasmados ao recitado de poemas e aos comentarios destes dous grandes amigos. A Ingrid (léase Inma): “Si tú tiene la vista cansada, mis ojos no se cansarían nunca de mirarte”, comenta parafraseando o título da última obra de Luís “Vista Cansada”).
Tamén participaron, entre outros, Almudena Grandes, Tarid Ramadan, Jonathan Levi, Paul Preston, Fadir Faquir e Luís Antonio de Villena.
Enrique Morente deu un concerto maxistral acompañado á guitarra por Pepe Habichuela. O chamado Emperador do flamenco fíxonos sobrecoller ás máis de mil persoas que abarrotamos o patio do Palacio Carlos V.
E así foi e así se vai pasando o tempo o mellor que un pode.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 25 de marzo de 2008
|
| POEMAS IMPUROS de Nuria Amat |
Editorial: Brugera
Pequena escolma.
1.-
No puedes ser poeta
y caer bien a todo el mundo
...
no te apenes,
la tristeza es menos grande
que la inquietud
tempestuosa que predicas,
...
no pidas, entonces, que alguien compre
tus sonrisas, los demonios de tu ombligo
no parecen vivir de la poesía,
como vives tú
2.-
Te daré mis manos,
si me amas,
y si no,
quédate con estas uñas mordidas
de mis dedos
3.-
Hablas
como si Dios
no supiera
que guardas un diente de oro
en la punta de la lengua,
y en el centro de tu verga
un dietario.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 20 de marzo de 2008
|
| HAY FESTIVAL ALHAMBRA / GARCÍA MONTERO |
Do 3 ao 6 do vindeiro mes de abril, celébrase en Granada o primeiro Hay festival na Alhambra, concibido para compartir historias e ideas, mestura de cultura e diversión, nunha viaxe árabe-europea, e alá iremos se non o impiden atrancos de úiltima hora.
Por alí pasarán, entre outros, Francisco Ayala, Murid Barguti, Jonathan Levi, Umberto Eco, Juan Goytisolo, Joaquín Sabina, Fadia Faquir, Enrique Morente, Almudena Grandes... e Luís García Montero.
Luís recén vén de publicar na colección Palabra de Honor de Visor Poesía, o libro de poemas VISTA CANSADA.
Dédicalle o libro de Almudena:
"Como siempre he vivido
con los pies en las nubes,
necesito el amor
para poner las manos en la tierra"
Uns versos do libro:
LA LEGITIMIDAD DEL SOL NEVADO
"Pero no se confunda
quien ha encerrado el mar en un vaso de agua.
(...)
Los cuerpos que se entregan a la noche
quieren buscar la luz"
VISTA CANSADA
"Cansado estoy de ver
las muertes humilladas
en las habitaciones del silencio.
Me duelen
los finales injustos,
que cierran nuestros ojos
porque somos cadáveres vivientes"
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 17 de marzo de 2008
|
| ¡CACHO SORPRESÓN...! |
Se vos son sinceiro, na miña vida pensei que algún dos autores consagrados chegaría a ler nin sequera unhas liñas do que eu escribo...
Mais todo pode pasar na vida e o Miguel Anxo Fernández, autor entre outras das novelas O SANGUE DOS CORTIÑA, O SABRE FRANCÉS, UN NICHO PARA MARILYN..., fixo un comentario á miña novela XOEL, que non podo deixar de rexistar aquí, agradecéndolle por suposto as súas palabras:
Noraboa pola novela. Paseino caralludo. En nome de Frank Soutelo, grazas por ese uso tan irónico, tan retranqueiro, do seu personaxe. E ó mesmo tempo, moi agradecido por consideralo digno de ser utilizado como tal sabuxo. Vémonos en TRES DISPAROS E DOUS FRIAMES, e moi pronto en Galicia, e vai ti ver se pasa por Neira de Rei...
Apertas
Miguel Anxo Fernández
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
sábado, 1 de marzo de 2008
|
| OS POEMAS NA NOVELA "XOEL" |
Aí acarón está a novela XOEL e nela non só hai uns gramos de intriga (por algo interveñen os detectives Pepe Carvallo, Frank Soutelo e Horacio Dopico , co permiso de Vázquez Montabán, Miguel Anxo Fernández e Diego Ameixeiras, por mor das amezas de Dgxt2 ao Xoel -polo medio anda unha historia de amor), viaxes - por exemplo ao Festival Hay de Segovia, senón que tamén se poden atopar poemas de autoría propia e de autoría allea.
AUTORÍA ALLEA
1.Mario Benedetti
SILENCIO PRÓLOGO (119)
De todas las propuestas de este mundo
tal vez me quedaré con el silencio
allí se esconden todos los enigmas
las profecías que nunca se cumplen
y el sanctasanctórum de los infieles.
AUTOBIOGRÁFICA (84)
Las autobiografías tienen fama
de ser un poco mentirosas
pero si no aparecen como más veraces
más transparentes más sinceras
es porque el mundo es mundo
y no acepta las verdades desnudas
(...)
anotemos por último
que también es útil para sincerarse
para juzgarse con tranquilidad
llegar a la ribera de algún río
y ver cómo transcurre
plácida nostálgica y constante
la soledosa vena de agua
en busca de su mar
2.-José Antonio Muñoz Rojas
“Déjame con mi soledad, que me hace falta / déjame que me pueble de ella, que si quiere / hablarme me hable en silencio”
3.-Efraim Medina Reyes
“Nena deséame suerte porque la vida es complicada
Y deséale suerte a la vida porque no
soy una pera en dulce”
4.- Xavier Seoane
“Regálame os teus ollos.
Son pétalos que arrastran longas augas.
Regálame os teus labios.
Son raíces da luz más necesaria”.
5.- Joan Margarit
“Dentro de mí tu vida avanza
mientras te canto todas las canciones
de amor que puedo recordar.
(...)
Nadie sabe por qué soy un viejo que canta”
6.-Erich Fried
“Que
soy demasiado viejo
para ti
o que
eres demasiado joven para mi
son
argumentos de peso
que serían decisivos
en los centros de enseñanza
en los que
los hombres más instruídos confeccionan con rigor
un futuro
calculado a medida”
7.-Miquel Martí i Pol
Tant tu com jo sabem perfectament / que els horitzons són sempre provisoris / i no oblidarem pas amb quin esforç / hem ´arribat on som,
8.-CRISTINA PERI ROSSI.
“A los cincuenta
ya nadie es romántico
todo el mundo ha aceptado el fracaso
la hipoteca
el matrimonio vulgar
gay o hetero
lo mismo da
Sólo los locos se pierden en el mar
(...)
Sólo algunas locas
llaman a las dos de la mañana
para decir
haría el amor hasta morir
y sin preservativo”
AUTORÍA PROPIA
1.-
O amor é unha bacteria
que ningún antibiótico,
encolerizado ou non,
poderá nunca con ela.
2.-
Tragadeiras
de máquina tragaperras,
traga os meus sentimentos,
indolente, obscena,
a muller de corazón duro.
3.-
¿Que busco eu
expoñendo o corazón
ao sol da Praza Maior...?
4.-
O MENDIGO DA PORTA SAN PEDRO
De noite,
luz da lúa.
De día,
bronceado
de
melancolía.
Solitario contumaz,
pulcra fragrancia
de tristeza
flota nas ruínas
da indiferencia que consume,
o mendigo da porta san pedro.
Especulan na flor seca
recordos de ternura,
espectros vagabundos
que salaian
no portal da musa.
Vagan lágrimas
nas botellas baleiras
que velan beatitudes,
madrigais nas madrugadas.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 26 de febreiro de 2008
|
| O MUNDAR DE JUAN GELMAN |
Hoy viene mañana con
ayer
Visor Poesía abre unha nova colección, PALABRA DE HONOR, cuxo número un é o poemario de Juan Gelman (premio Miguel de Cervantes 2007), MUNDAR.
Incorporo unha pequena escolma de versos que me impactaron de xeito especial:
Espera:...
Comés traiciones,
el amargo sabor de los arrepentidos.
Nadie sabe qué hicieron con
su pasado, allí iban tristes
de mundo, pensaban
que eran el otro con dolor.
Accidentes:...
A un dedo de lo que fui me soy
en lo que habré de ser.
Cosmos:...
El pan quemado recuerda a la boca
que no hable de los
carbones que encendió.
Mendigos:...
La moneda cae
con su país sin alma.
A ver:...
En la tarde de al lado vive
una vieja que pide para el pan.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
venres, 22 de febreiro de 2008
|
| RIVAS, CUBA, GALIZA E O COMPLEXO DE PROCRUSTES |
No xornal El País de hoxe, 21 de febreiro do 2008, Manuel Rivas defende a presenza de Galiza na Feira do Libro de La Habana, como país convidado, fronte ás críticas acedas e miopes do Pp (aínda que non cita a este partido).
A todo isto ¿e o Psoe que? Mutis polo fóro, pero moito me temo que, coma o zorro, agardando o intre de fincarlle o dente ao Bng ou, cando menos, gozando “caladiño” pola cornada ao aliado “de ocasión”.
E eu estou con Rivas en que o problema non é Cuba nin o millón de euros, senón a cultura galega que para algúns non debería ir máis alá dos actos culturais das asociacións de amas de casa que viaxan a Valença os días de mercado para adquirir toallas e demais (nos tempos do Pp deronse subvencions a este tipo de “actos culturais”).
“Malia que os Procrustes presentaran como unha excursión inútil o que debería ser un motivo de orgullo. Como non estar orgulloso dun país que envía libros e non armas?, expón o Rivas.
A verdade, doe que esto aconteza, pero non esquezamos que todos somos un chisco responsables da situación na medida en que nin se tentou facer como unha embaixada de país, consensuando previamente con todas as forzas políticas (creo que ao Bng pérdelle a ansia de protagonismo), nin se “explica” o que alí se fixo, nunha actitude “chulesca” da conselleira, tendo a menos pormenorizar as diferentes partidas, pero sobre todo, os actos, contactos, etc.
Así nin se fai país e menos cultura, xa que os éxitos fóra trócanse en desfeitas internas, provocando o rexeitamento dunha meirande parte dos galegos, totalmente desinformados do asunto.
Entendo que sobra soberbia e falta “profesionalidade”, bo facer político, baixando á praza a falar co “normal” dos cidadáns que probablemente non lea un libro pero si que paga impostos (alomenos así se pregoa, aínda que en moitos casos habería que ver), e séntese molesto por este “despilfarro” e ten razón na medida en que non comprende o alcance do feito e non comprende o alcance por que non se lle explica onde cómpre explicalo en detalle: o parlamento e os medios de comunicación.
Aplaudo o brinde do Rivas ( “A min, a verdade, tanto me ten. Eu son da Coruña e durmo de pé”), porque el é un intelectual e gozo coa lectura das súas novelas e artigos, pero non o recomendaría para o político que xestiona o tema, porque así o único que provocamos é o rexeitamento da inmensa maioría e se ben a cultura, por desgraza, sempre foi minoritaria, nós temos a obriga de loitar para chegar ao maior número de galegos se queremos que esto sobreviva e aínda que este tipo de actuacións “incomode” a algúns (no xornal citado algún escrito apunta), non sendo o único camiño, tamén é o camiño.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 18 de febreiro de 2008
|
| FERNANDO VALLEJO: LA PUTA DE BABILONIA |
No mes de outubro pasado –ano2007-, coma quen di “ao outro lado da esquina”, Seix Barral publicou a ¿novela? de FV La puta de Babilonia, estandarte negro e fucsia.
Nela zorrega á Igrexa católica que dá gusto.
E a cita vén ao pelo por mor da polémica que se vive nestes días –febreiro 2008- motivada polo incontinente comunicado (urinario e graxoso) da Conferencia Episcopal sobre as eleccións.
Copio:
“LA PUTA, LA GRAN PUTA, la grandísima puta, la santurrona (...), la detractora de la ciencia, la enemiga de la verdad, la adulteradora de la Historia (...), la que amordaza la palabra y aherroja la libertad del alma (...) la oscurantista, la impostora, la embaucadora, la difamadora, la calumniadora, la reprimida, la represora, la mirona (...) la esclavista, la homofóbica, la misógina (...) la solapadora de Mussolini y de Hitler...”
¡Uf¨!
E ¡ollo! que o autor continúa pola misma liña.
Pura filípica, pero, na miña opinión, con luva de seda e con base e precisión.
¡Olé!
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 14 de febreiro de 2008
|
| TOMEO E OS NAMORADOS |
Javier Tomeo vén de publicar en Anagrama a novela Los amantes de silicona.
Os protagonistas, Lupercia e Basilio casan namorados pero logo de varios anos de vida en común abúrrense e “pasan”o un do outro.
Xestionan conxuntamente (un dicir) un negocio de mercería especializado en lencería chamémoslle “provocativa”.
Comparten casa pero dormen en habitacións separadas.
Como moito xantan xuntos os domingos e festas de gardar e aproveitan para contarse cousas das súas vidas, pero sen ollarse sequera.
Mercan cadanseu moneco/a de silicona para atender as súas necesidades sexuais...
Hoxe día 14 e para non esquecer ou celebrar á miña maneira a tradición, non está demais traer aquí este libro, que saíu ás librerías precisamente este mes de febreiro.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 29 de xaneiro de 2008
|
| IMPLICADAS |
“Para Implicadas/os no Desenvolvemento (w.w.w. implicadas.org)... A nosa organización traballa desde a súa fundación en 1998 a prol dun mundo onde a cidadanía do norte en xeral e galega en particular entenda a súa incidencia directa sobre a vida de millóns de persoas que viven na pobreza extrema (...) Pero se dúas cousas nos caracterizan ademais especialmente son o noso compromiso de xénero e o noso afán por implicar a cultura neste proceso como parte fundamental do cambio”.
No libro VANAKKAM / BENVIDAS publicado por Implicadas figuran estes versos de Sukirtharani, poeta támil,unha das voces máis fortes que se alzan dende o feminismo contra o sistema de castas e a favor do empoderamente feminino contra o discurso patriarcal, segundo se nos informa:
Saúdote
con palabras iracundas e potentes
coma ondas
sen peso pola luz,
que descansan,
nas fendas das rochas antigas.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 14 de xaneiro de 2008
|
| MORREU ÁNGEL GONZÁLEZ |
Largo es el arte; la vida en cambio
corta
como un cuchillo
Pero nada ya ahora
-ni siquiera la muerte, por su parte
inmensa-
podrá evitarlo: exento, libre,
como la niebla que al romper el día
los hondos valles del invierno exhalan,
creciente en un espacio sin fronteras,
este amor ya sin mí te amará para
siempre.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
sábado, 29 de decembro de 2007
|
| KEN FOLLET |
De entrada confeso que vendería a alma ao diabo por coller o toque, o puntiño, o segredo dese señor para encandilar, para enmeigar a tanto consumidor e vender millóns e millóns de libros para gañar non sei cantos euros e vivir coa barriga ao sol.
Feita a confesión, porén teño para min que ese fenómeno chamado UN MUNDO SIN FIN que en poucas horas barre nas librerías vendendo centos de milleiros de exemplares non vai pasar á historia da literatura.
A súa calidade, segundo os opinadores, non está garantida polo número de ventas, nin moito menos.
O curioso é que sempre nos queixamos de que a xente non le, de que isto ten que cambiar se non...
¿Que pasa...?
¿Será certo que informe PISA?
(del conclúese, entre outras cousas, que o 60% dos rapaces italianos non saben por que hai día e por que hai noite)
¿Será por que len a Ken Follet?(ía dicir ou a escribidores coma min, que o único que facemos e colocar vocais e consonantes unha tras doutra, pero a min nin sequera se me le).
NON ESTARÍA DE MAIS UNHA REFLEXIÓN SOBRE O PARTICULAR.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
xoves, 27 de decembro de 2007
|
| ACTUALIZACIÓN DE MARCADORES A 26-12-07 |
Visitas páxina web: 23.372
Descargas das obras:
Morte na muralla: 1659
Víctimas da ira: 1016
De ida e volta: 533
Fóra da lei: 396
Amor virtual: 268
Xoel: 154
A que leva máis tempo na rede é Morte na muralla (tres anos) e a que menos Xoel (tres meses). Fóra da lei, De ida e volta e Amor virtual son libros de poemas. As outras tres son novelas.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
sábado, 1 de decembro de 2007
|
| ENCONTRO DE POETAS GALEGOS EN LUGO |
A pesar de certas improvisacións por imprevisións, foi un éxito.
18 poetas galegos recitaron os seus poemas para o programa La estación azul de RNE-Radio 3 e para o público asistente ao salón de actos da Deputación de Lugo.
Yolanda Castaño, Luz Pozo Garza, Manuel Rivas, García Bodaño, Dario Xohán Cabana, etc.
Falando da Yolanda un coñecido meu (e perdón pola frivolidade) dixo que "daría canto teño na vida por poder vivir sesións erótico-poéticas con ela durante quince días seguidos"
Algún dos non presentes seica colleu un cabreo de mil demos...
Entre as ausencias e máis tendo en que conta que foi en Lugo, algunhas notables: Lois Diéguez, Miranda, Isidro Novo...
Porén ter tres libros aquí acarón, tres poemarios, eu non me considero digno de asistir porque, para principiar, non me considero poeta senón máis ben un colocador de palabras, unha tras doutra sen chegar ao final das liñas co obxectivo de expresar desordenadamente os meus sentimentos... De todas, se alguén quere lerme, que non se corte e que os descargue, que para iso os colguei na rede, pero de onde non hai non se pode quitar...
A profundidade do dicir, a técnica, a sensibilidade entendo que estiveron perfectamente representadas.
E como foi en Lugo e como non resisto a tentación, vou incorporar tres poemas dun dos personaxes da novela Víctimas da ira (está aí acarón), o Dilois, que levan por título PECHA A MURALLA:
I
Un libro quedó al borde de su cintura muerta,
un libro retoñaba de su cadáver muerto. César Vallejo
Viñeron a por ti, doctor Vega,
inflamados pero covardes,
en manada,
ocultando os seus nomes
ou con nomes postizos,
en manada,
verdugos e delatores, esbirros, matóns...
Os grimosos fascistas
que baixaron dende a trama
-- a falanxe carné de identidade --
vestindo os días de loito,
xugulando a luz e a liberdade...
Si,
viñeron a por ti
e a por todos os ti que incomodaban,
eles con careta, nomes postizos, ratas en caravana...
¡e non conseguiu paralos nin a emblemática Muralla!
A estes feros verdugos e ós seus lindos fillos
¡¡pecha a Muralla!!
II
Niños del mundo
...
¡qué temprano en el sol lo que os decía! César Vallejo
De silencio cúbrese a cidade, Luis,
e ti non eres quen de deter a hemorraxia.
É de noite, escoitas pasos, máis e máis pasos...
O medo avanza rápido coas sombras
e o horror bárbaro pasea as cunetas
de vultos inocentes ateigadas,
atroz holocausto das nosas xentes...
¿Quen derruba o espanto desta morada...?
A esa infamia que encheu a faltriqueira
vendendo coroas e responsos ás viúvas
(¡ai, ai, ai pero qué piadosos eles!)
a esa inmundicia
que engordou con sangue as súas contas bancarias
¡¡pecha a Muralla!!
III
... caminantes las lunas nos seguían;
también sudaba de tristeza el muerto. César Vallejo
¿Regresan en off
os vellos fascistas, ideoloxía putrefacta...
... os antediluvianos mesías
ataviados con medallas oxidadas, de delictos ornadas?
Estes dinosauros, emboscados en cargos institucionais,
e os seus elegantes fillos tirados a multicopista
¿ “asoman otra vez la patita”...?
¡Quita alá! ¡Se nunca se foran...!
(“todo atado y bien atado”)
Erguen as persianas, provocativos...
insolentes, recachan impunidades.
Aquí algo non funciona
ou funciona mal, moi moi mal...
Non é un xogo nin un disco raiado
ou unha simple anédocta banal.
Todos o sabemos pero....
... pero finximos ignoralo.
Todos o sabemos pero...
... pero se cadra temos medo.
Temos medo das noites
que ladran á lúa,
temos medo ás fauces
dos rancios paranoicos
que regurxitan vellos odios...
Algo non funciona
¡non señor!
cando o pánico
entrampa as entrañas.
¡Imponse resistir!
¡Non pasarán!
¡Si señor, D. Anxel!
¡¡ Pecha a Muralla!!
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 27 de novembro de 2007
|
| CITA DO LIBRO "HAI CU" DE O LEO |
FRACASO NORMALIZADO
Antes xogabamos en galego
Agora en galego podemos
opositar á Xunta.
Triste, pero verdade.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
martes, 30 de outubro de 2007
|
| Un poeta |
“O feito de que eu debutara como poeta cunha poesía airada, política, dirixida contra o sistema, ás veces, irrítame: hai tempo que deixei de conceder valor a ese tipo de poemas. Comprendín que a poesía está noutra parte, máis alá das inmediatas loitas partidistas, e incluso máis alá da rebelión –aínda que a máis xustificada- contra a tiranía”.- Zagajewski
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
luns, 8 de outubro de 2007
|
| NOVA PUBLICACIÓN |
Estou a punto de colgar na rede outra novela: XOEL, persecución e caneo de estereotipos.
Con este e no prazo de dous anos publico tres novelas e tres libros de poemas
E non por padecer de diarrea literaria, non porque sexa un escritor prolífico.
Non.
Simplemente porque esta é a miña obra ata o día de hoxe e xa paso dos cincuenta...
Admito que ben podería ter re-escrito (corrixindo e reelaborando) cada unha das obras, pero confeso que esa tarea é algo superior ás miñas forzas e paciencia.
¿O meu é a cantidade en detrimento da calidade? Talvez (tampouco levo escrito tanto) pero,en todo caso, non dou máis de min e o que non pode ser pois non pode ser.
Por último, sinalar que as novelas (as dúas publicadas -Morte na muralla e Vícitimas da ira-, a que sairá nos próximos días -Xoel- e a que está en proceso de xestación - Dilois) forman parte dun proxecto tetrolóxico no que a principal protagonista é a cidade de Lugo.
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
sábado, 6 de outubro de 2007
|
| A FEIRA DE FRANCFORT E A POLÉMICA |
As convidadas de honra este ano son a literatura e as artes catalanas.
Pero non é unha cuestión nada pacífica o que se deba de entender por tales.
¿Tamén han de estar os cataláns que escriben en castelán ou, incluso, os non-cataláns que viven, por exemplo, en Barcelona e que escriben en castelán...?
Xa dixen, nada pacífico o tema e a polémica está servida.
Conste que eu considero que as polémicas sempre foron e son positivas pois son fonte de opinión creativa . Permiten contrastar diversos pareceres e enriquecer o acervo cultural.
E xa que logo:
¿Os galegos que escriben en castelán, as súas obras podénse considerar integradas no que chamamos literatura galega...?
|
| J. Estévez L. |
|
|
| Publicado o
venres, 13 de xullo de 2007
|
| NOVA OBRA E ACTUALIZACIÓN CONTADORES |
Dentro duns días aparecerá un novo libro de poemas:AMOR PLATÓNICO AMOR VIRTUAL, que leva incorporados uns comentarios de Isabel Lombardero, comentarios que fixo logo da lectura dos poemas. Isabel é amiga e iso nótase, pois ponme por riba das nubes. Grazas, pero non a tomen moi en serio. Tamén se pode descargar gratis.
Aproveitando a ocasión actualizamos as descargas das obras que xa están colgadas:
Visitas páxina: 21466
Morte na muralla: 1522
Víctimas da ira: 834
De ida e volta: 424
Fóra da lei: 329
|
| J. Estévez L. |
|
|
 |
| Morte na muralla |
| Unha historia de amor con final feliz |
|
 |
| Vivir |
| provisional poema, soluble carta de amor |
|
 |
| Atrozmente con amor |
| ou unha cita coa extinción |
|
 |
| Xoel |
| Persecución e caneo de estereotipos |
|
 |
| Amor virtual |
| Amor platónico |
|
 |
| Fóra da lei |
| Tarxeta de presentación |
|
 |
| Víctimas da ira |
| Verdugos de sí mesmos |
|
 |
| De ida e volta |
| Poemas de amor e destrucción |
|
|
|